A decana representa o centro, exerce a súa dirección, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os acordos destes. É elixida pola Xunta de Centro, entre catedráticos ou profesores titulares do centro respectivo, e será nomeada polo reitor. O seu mandato ten unha duración de seis anos.
- Decana:
Teresa Nozal Cantarero.
Ext: 4868
Dirixen e coordinan a área de competencia que lles asigna a decana. Son nomeados polo reitor, por proposta da decana, de entre os membros da comunidade universitaria do centro.
Vicedecana. Responsable de Estudantes e Prácticas e Internacionalización:
Mercedes Marina López Garrido.
Vicedecano. Responsable de Calidade, Infraestruturas e Profesorado:
Guillermo Franganillo Parrado.
A secretaria é o fedataria dos actos e acordos dos órganos colexiados de goberno e administración do centro. Es nomeada polo reitor por proposta do decano.
-
Secretaria Académica:
María Asunción Esmorís Caamaño.
Ext: 4810
O secretario do Decanato é responsable de coordinar e apoiar administrativamente as tarefas do equipo decanal. Xestiona a documentación, actas e comunicacións internas, e colabora estreitamente coa Decana na planificación e seguimento da actividade académica e organizativa do centro.
-
Secretario do Decanato:
Maximino Manuel Moreiras Lista.
Ext: 4869