Destinado a todo o alumnado de TFG da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC que presentase o seu proxecto nalgunha das tres convocatorias do curso 2022-23.
Deberán ser pezas audiovisuais, multimedia ou un produto de creación dixital no ámbito da animación ou o videoxogo que traten algún aspecto relacionado coa realidade galega; terán que estar gravadas ou feitas en lingua galega que deberá ter plena visibilidade e corrección. É imprescindible o seu carácter inédito.
Dous premios de 250 euros (un dedicado ao mellor TFG do Grao en Comunicación Audiovisual e outro para o mellor TFG do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos).
A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 4 de outubro de 2023
Para máis información consultar as bases que se adxuntan.
Anexo | Tamaño |
---|---|
2022_2023_bases_premio_tfg_convocatoria.pdf | 328.99 KB |