Prácticas externas

Profesora Responsable de Prácticas:

Dª. Nereida Rodríguez Fernández.

>> SISTEMA DE PRÁCTICAS

As prácticas externas en empresas e entidades con liñas de traballo afíns ás saídas profesionais do título constitúen unha oportunidade única para que o futuro graduado entre en contacto co mundo profesional. Estas prácticas desenvolveranse durante o cuarto curso, ocupan 9 créditos e son de carácter obrigatorio.

Os obxectivos das mesmas son prover aos estudantes da titulación dunha experiencia profesional que complementará a formación recibida aos longo dos tres primeiros cursos, permitíndolles ademais orientar a súa especialización cara ás diversas industrias creativas.