Aberta a convocatoria do programa ERASMUS+ PRÁCTICAS (SMT).
Conta con dúas modalidades:
A. A. Estudantes en prácticas: esta modalidade abrangue todas aquelas persoas solicitantes que realizan o seu período de prácticas mentres posúen a condición de estudantes matriculados na UDC.
B. Recentemente titulados en prácticas: abrangue todos aqueles candidatos que soliciten a mobilidade no seu último ano de estudos e que realizan a súa estadía de prácticas nun período inmediatamente posterior ao depósito do título.
As estadías realizaranse entre o 1/09/2019 e o 30/09/2020 e terán unha duración de entre 2 e 12 meses.
O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 15/05/2020.
Enlace á convocatoria: http://ow.ly/MDXZ30nLvND