Extracurriculares

Seminario de cine

Luns, Novembro 4, 2019

 

O Seminario de Cinema programa esta semana doss novas películas. O martes 5 de novembro proxectarase “Parasitos” de Bong Joon- Ho, Palma de Ouro en Cannes 2019 e o xoves 7 de novembro, “Candilejas", de Charles Chaplin.

Como é habitual será a partir das 16:00 no Salón de Actos con diálogo posterior sobre os filmes.

Seminario de cine

Martes, Outubro 29, 2019

 

O Seminario de Cinema programa esta semana tres novas películas. O martes 29 de outubro proxectarase “ Stalker” de Andrei Tarkovski; e o xoves 31 de outubro, sesión dobre de terror: A Cousa, de John Carpenter, e Quen pode matar a un neno?, de Narciso Ibáñez Serrador

Como é habitual será a partir das 16:00 no Salón de Actos con diálogo posterior sobre os filmes.

Seminario de cinema

Luns, Outubro 21, 2019

 

O Seminario de Cinema programa esta semana dúas novas películas. O martes 22 de outubro proxectarase o western “ Centauros do deserto” (John Ford, 1956), e o xoves 24 de outubro a película de animación “Coco” (Le Unkrich, 2017).

Como é habitual será a partir das 16:00 no Salón de Actos con diálogo posterior sobre os filmes.

Seminario de cinema

Luns, Outubro 14, 2019

 

O 15 de outubro, ás 16.00 horas, no Salón de Actos, proxectarase " Nosferatu", de F. W. Murnau, cinema expresionista alemán.

O xoves 17, ás 16.00 horas, tamén no Salón de Actos, "Deus e o diaño na terra do sol", de Glauber Rocha, Novo Cinema brasileiro dos anos 60.

Seminario de cine

Mércores, Outubro 9, 2019

 

Dentro das actividades do Seminario de Cine, o xoves 10 de outubro, ás 16:00 no Aula 3, se visionará e comentará a película "Chinatown", do director polaco Roman Polansky.

Comunicación + creatividade contra a violencia de xénero

Mércores, Setembro 11, 2019

 

A Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración co Centro de Estudos de Xénero e Feministas organiza o Ciclo 'Comunicación + Creatividade contra a violencia de xénero' (programa provisional anexo).

A actividade, aberta a todo o público, desenvolverase no Salón de Graos da Facultade nos meses de setembro-outubro e contará coa participación das seguintes ponentes:
·16 SET. 11:00 h. "Mulleres e publicidade. Das cadeas ás alas". Alejandra Chacón · CdeC
·27 SET. 11:00h. "Nin machismo, nin feminismo: desmontando violencias e desigualdades nos medios audiovisuais". Bárbara G. Vilariño · Pikara Magazine
·7 OUT. 11:00h. "Entre o liberalismo e o retrosexismo: retos na representación audiovisual contemporánea". María Isabel Menéndez · Universidad de Burgos.
·24 OUT. 11:00h. "Reflexións sobre o estudo das audiencias televisivas con perspectiva de xénero". Amparo Huertas · Universitat Autónoma de Barcelona.

Ciclo financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad) a través do Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña.

AnexoTamaño
PDF icon xornadascomunicacion.pdf317.32 KB

Charla de Olga Viza

Mércores, Xuño 5, 2019

 

O Mestrado en Comunicación Deportiva (Título Propio da Facultade) convida aos alumnos de 3º, 4º e TFG a acudir á primera hora da charla da xornalista Olga Viza, que terá lugar o venres 14 de xuño ás 16h no Salón de Graos.

Para asistir á charla de Olga Viza debes enviar un correo coa palabra ASISTENCIA no "Asunto" a: http://victoria.de .leon@udc.es

Sesión especial

Venres, Marzo 29, 2019

 

Mundos Digitales, U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital e Afundación Obra Social ABANCA teñen o pracer de convidarche á Sesión Especial do film El Parque Mágico que terá lugar o vindeiro venres 5 de abril ás 18:00 horas na Sede de Afundación Obra Social ABANCA (Cantón Grande 8, A Coruna).

El Parque Mágico é a gran aposta para este ano de Paramount Animation. Unha comedia de aventuras para toda a familia desenvolta por Illion Animation Studios, cuxa data do trinque en España será o próximo 12 de abril.

Se queres asistir podes solicitar a túa invitación de maneira gratuíta ata o mércores 3 de abril, ou ata completar aforamento, enviando un correo a info@mundosdigitales.org

Páxinas