Curriculares

Bolsas de Educación 26-27

Venres, Marzo 27, 2026

 

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou no BOE do 25 de marzo de 2026 a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026‑2027, entre elas as dirixidas a estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios.

O prazo para presentar a solicitude estará aberto do 7 de abril de 2026, ás 08:00 h, até o 18 de maio de 2026, ás 15:00 h, a través dos seguintes sitios:

https://sede.educacion.gob.es/
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html

Este prazo é único. Para calquera dúbida, podedes contactar coa Sección de Bolsas da UDC (bolsas@udc.gal).

Bolsas colaboración para o curso 2025-2026

Venres, Novembro 28, 2025

 

A UDC abre a convocatoria de bolsas de colaboración para o curso 2025-2026, dirixida tamén ao alumnado dos graos de CAV e CDAV.

As bolsas permiten colaborar con departamentos e unidades universitarias entre febreiro e maio, cunha dedicación de 8 horas semanais e unha dotación de 240 €/mes.

Para a nosa facultade hai tres prazas asociadas ao laboratorio, relacionadas coa WEB e as RRSS .

O prazo de solicitude está aberto ata o 1 de decembro de 2025 ás 23:00 h e a tramitación debe realizarse de forma telemática.

Na convocatoria oficial poden consultarse os requisitos e a relación de prazas dispoñibles, tédela na seguinte ligazón..

Animádevos a participar!

Goya: Proxección de curtametraxes preseleccionadas

Xoves, Novembro 6, 2025

 

O vindeiro xoves 13 de novembro, o Salón de Actos acollerá unha cita imprescindible para os amantes do cine. De 19:00 h a 20:00 h proxectaranse tres curtametraxes preseleccionadas para os Premios Goya, unha oportunidade única para descubrir de primeira man algunhas das obras máis destacadas do panorama cinematográfico actual.

Ademais, contaremos coa presenza de Rafael Linares, produtor do documental Disonancia, quen compartirá a súa experiencia na produción deste proxecto e responderá as preguntas do público.

Unha ocasión perfecta para inspirarse, coñecer de cerca o proceso creativo detrás destas obras e gozar do mellor cine en pantalla grande.

Demo Game Jam

Xoves, Outubro 30, 2025

 

O Demo Game Jam, unha das primeiras game jams en galego, celebrarase no Culturgal o 29 de novembro ás 17:00 h, cunha gala da categoría de adultas que incluirá unha mesa redonda sobre narrativa e videoxogos, especialmente interesante para o alumnado de CAV e CDAV.

O evento pon en valor a creatividade e a cultura galega a través do desenvolvemento de videoxogos, e o profesorado da facultade pode solicitar entradas de balde enviando o seu nome a espiga@espiga.gal

Máis información no ficheiro adxunto.

AnexoTamaño
PDF icon desc.gamejam.pdf420.92 KB

Páxinas