MPXA: lista provisional

Luns, Xullo 15, 2019

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual ( MPXA), conformada por Luís A. Hernández Ibáñez, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arroxo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Marta Fernández-Tafalls, publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes nacionais e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso 2019-2020.