Erasmus: provisional

Listaxe provisional de prazas Erasmus adxudicadas para o curso 2026-2027 en 1º Convocatoria
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 69.24 KB |

Listaxe provisional de prazas Erasmus adxudicadas para o curso 2026-2027 en 1º Convocatoria
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 69.24 KB |

A UDC abre a convocatoria de bolsas de colaboración para o curso 2025-2026, dirixida tamén ao alumnado dos graos de CAV e CDAV.
As bolsas permiten colaborar con departamentos e unidades universitarias entre febreiro e maio, cunha dedicación de 8 horas semanais e unha dotación de 240 €/mes.
Para a nosa facultade hai tres prazas asociadas ao laboratorio, relacionadas coa WEB e as RRSS .
O prazo de solicitude está aberto ata o 1 de decembro de 2025 ás 23:00 h e a tramitación debe realizarse de forma telemática.
Na convocatoria oficial poden consultarse os requisitos e a relación de prazas dispoñibles, tédela na seguinte ligazón..
Animádevos a participar!

O vindeiro xoves 13 de novembro, o Salón de Actos acollerá unha cita imprescindible para os amantes do cine. De 19:00 h a 20:00 h proxectaranse tres curtametraxes preseleccionadas para os Premios Goya, unha oportunidade única para descubrir de primeira man algunhas das obras máis destacadas do panorama cinematográfico actual.
Ademais, contaremos coa presenza de Rafael Linares, produtor do documental Disonancia, quen compartirá a súa experiencia na produción deste proxecto e responderá as preguntas do público.
Unha ocasión perfecta para inspirarse, coñecer de cerca o proceso creativo detrás destas obras e gozar do mellor cine en pantalla grande.

O Demo Game Jam, unha das primeiras game jams en galego, celebrarase no Culturgal o 29 de novembro ás 17:00 h, cunha gala da categoría de adultas que incluirá unha mesa redonda sobre narrativa e videoxogos, especialmente interesante para o alumnado de CAV e CDAV.
O evento pon en valor a creatividade e a cultura galega a través do desenvolvemento de videoxogos, e o profesorado da facultade pode solicitar entradas de balde enviando o seu nome a espiga@espiga.gal
Máis información no ficheiro adxunto.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 420.92 KB |

O vindeiro luns 10 de novembro, ás 15:00 h contaremos con Alberto Vázquez no Salón de Actos, para falarnos sobre o making off da súa nova película: Decorado.
O multipremiado director de animación Alberto Vázquez compartirá o proceso creativo e o making of da súa terceira película, estreada en cinemas o pasado 24 de outubro. A obra está baseada na súa curtametraxe homónima, gañador de múltiples premios —incluído o Goya— e seleccionado na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes.
Alberto Vázquez é un dos directores de animación máis destacados do noso país e con maior proxección internacional. Autor de películas como Psiconautas, os nenos esquecidos e Unicorn Wars, e de curtametraxes como BirdBoy, Sangue de Unicornio ou Homeless Home, acumula máis de 100 premios internacionais (entre eles 4 Premios Goya, Annecy, Stuttgart, Quirino) e foi seleccionado en festivais de referencia como Cannes, Berlín, Toronto ou Clermont-Ferrand.
A súa traxectoria vai máis aló do cinema: é un recoñecido ilustrador e autor de novela gráfica e cómic, así como director dos festivais Imaxinaria (Festival Internacional de Animación) e Hematofesti (Festival de humor, literatura infantil e música).
Non faltes á cita!

Tribunais e horarios para as defensas de TFG de CAV do próximo 26 de setembro de 2025
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 91.91 KB |

Tribunais e horarios para as defensas de TFG de CDAV do próximo 19 de setembro de 2025
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 430.56 KB |

Xa están dispoñibles as guías docentes do curso 2025-2026 dos graos en Comunicación Audiovisual (CAV) e Creación Dixital, Animación e Videoxogos (CDAV).
O acceso pode realizarse a través da seguinte ligazón:
Consulta de guías docentes
Dado que a listaxe non aparece ordenado por cursos, recomendamos utilizar o buscador do navegador (Ctrl + F) para localizar de forma rápida a materia desexada.