Curriculares

GUÍAS DOCENTES 25-26

Xoves, Setembro 4, 2025

 

Xa están dispoñibles as guías docentes do curso 2025-2026 dos graos en Comunicación Audiovisual (CAV) e Creación Dixital, Animación e Videoxogos (CDAV).

O acceso pode realizarse a través da seguinte ligazón:

Consulta de guías docentes

Dado que a listaxe non aparece ordenado por cursos, recomendamos utilizar o buscador do navegador (Ctrl + F) para localizar de forma rápida a materia desexada.

Benvida CDAV 2025-2026

Martes, Setembro 2, 2025

 

O luns 8 de setembro de 2025 ás 09:00 h terá lugar a Xornada de Benvida para o estudantado de primeiro curso do Grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

O acto desenvolverase no Salón de Actos do centro e incluirá información académica e práctica de moita utilizade para o alumnado que ingresa por primeira vez na Universidade, así como unha visita guiada polas instalacións do centro.

Aproveitamos para compartirvos a Guía Básica do Estudante do curso 25-26:
https://comunicacion.udc.es/sites/default/files/guia_estudiantes.pdf

Benvida CAV 2025-2026

Martes, Setembro 2, 2025

 

O martes 9 de setembro de 2025 ás 15:00 h terá lugar a Xornada de Benvida para o estudantado de primeiro curso do Grao de Comunicación Audiovisual.

O acto desenvolverase no Salón de Actos do centro e incluirá información académica e práctica de moita utilizade para o alumnado que ingresa por primeira vez na Universidade, así como unha visita guiada polas instalacións do centro.

Aproveitamos para compartirvos a Guía Básica do Estudante do curso 25-26:
https://comunicacion.udc.es/sites/default/files/guia_estudiantes.pdf

MPXA: Listas definitivas

Mércores, Xullo 30, 2025

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Producción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Cantarero, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Lanzo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas definitivas de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso 2025-2026.

Listas provisionais de admitidos e espera

Mércores, Xullo 23, 2025

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do #Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Canterero, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Lanzo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso 2025-2026.

Páxinas