Estudantes estranxeiros

Martes, Maio 2, 2023

 

Listas provisionais de estudantes estranxeiros admitidos e de espera do Máster de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA)

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Luís A. Hernández Ibáñez, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Lanzo Baliña, Ramón Salaverría Aliaga, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez , publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.