Curriculares

TRASLADO DE EXPEDIENTES

Mércores, Xuño 25, 2025

 

A Universidade da Coruña abriu o prazo de solicitude de admisión por cambio de universidade e/o de estudos universitarios oficiais españois e estranxeiros para o curso académico 2025/2026.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude entre o 1 e o 10 de xullo de 2025.

A documentación requirida deberá entregarse na Unidade de Xestión Académica Integrada (UXAI Socioloxía / Ciencias da Comunicación) ou enviarse por correo electrónico á dirección uxai.socom@udc.es dentro do prazo establecido.

CRTVG Convocatoria

Venres, Xuño 20, 2025

 

Informámosvos que a CRTVG vén de abrir unha nova convocatoria de selección de proxectos de contidos dixitais dotada con ata 357.000 € para a produción de 15 novos proxectos para as plataformas AGalega.gal e Xabarin.gal.

As datas de presentación das propostas son dende o 16 de xuño de 2025 ata o 1 de setembro de 2025 ás 15:00 horas.

¡Animádevos a participar!

MPXA: Listas provisionais

Luns, Xuño 16, 2025

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do #Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Canterero, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Lanzo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.

"De acordo á normativa da Universidade da Coruña aprobada en Consello de Goberno o 19/12/2024 relativa ao procedemento de preinscrición nos #máster universitarios para o curso académico 2025/2026, o número total de persoas solicitantes admitidas neste prazo non superará o 50 % das prazas ofertadas (as prazas desta reserva que non se cubran acumularanse para o seguinte prazo). As solicitudes deste prazo que quedasen en lista de espera incorporaranse automaticamente ao seguinte prazo".

Visita de la ACSUG

Luns, Xuño 9, 2025

 

O vindeiro mércores 18 de xuño, o centro recibirá a visita do Comité Avaliador da ACSUG para a renovación da acreditación do Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos. Podes acceder ao programa no anexo.

Durante a mañá, os avaliadores manterán unha serie de entrevistas cos diferentes grupos de interese do grao (Estudantado, Profesorado, Persoal de Apoio, Egresados e Empregadores).

A partir das 14:15 h realizarase unha Audiencia Pública no Seminario 2, á cal poderán asistir todas aquelas persoas que non formaron parte dos grupos representativos, e que queiran brindar a súa visión do título.

As vosas opinións son moi importantes para a mellora continua do título. Esperámosvos!

AnexoTamaño
PDF icon programa_visita_18_de_junio.pdf287.02 KB

IV edición de AGAPI IMPULSA COPROS

Xoves, Maio 29, 2025

 

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) impulsa a IV Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada cuxo propósito é facilitar e acompañar no desenvolvemento de proxectos de produción e coprodución coa experiencia que achegarán empresas produtoras independentes de recoñecida traxectoria.

Este programa está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos e o prazo de presentación vai desde o 22 de maio ata o 5 de xuño de 2025, ás 13.59h (hora peninsular).

Más información no PDF adxunto.

Páxinas