Charla online Erasmus

Mércores, Febreiro 28, 2024

 

Charla Erasmus+ Prácticas ONLINE

Coa finalidade de difundir a convocatoria 2024/25 de Erasmus+ Prácticas (SMT), organizan desde a Oficina de Relacións Internacionais unha nova charla a través da plataforma TEAMS. Ao igual que as charlas presenciais da semana pasada, informarán sobre modalidades e requisitos da convocatoria; empresas e institución elixibles; duración e recoñecemento; solicitude; prazos e coantías económicas.

Data: venres, 1 de marzo de 2024
Hora: 12:00 horas
Lugar: Plataforma TEAMS a través do seguinte enlace.