Curriculares

Demo Game Jam

Xoves, Outubro 30, 2025

 

O Demo Game Jam, unha das primeiras game jams en galego, celebrarase no Culturgal o 29 de novembro ás 17:00 h, cunha gala da categoría de adultas que incluirá unha mesa redonda sobre narrativa e videoxogos, especialmente interesante para o alumnado de CAV e CDAV.

O evento pon en valor a creatividade e a cultura galega a través do desenvolvemento de videoxogos, e o profesorado da facultade pode solicitar entradas de balde enviando o seu nome a espiga@espiga.gal

Máis información no ficheiro adxunto.

AnexoTamaño
PDF icon desc.gamejam.pdf420.92 KB

Charla de Alberto Vázquez

Xoves, Outubro 30, 2025

 

O vindeiro luns 10 de novembro, ás 15:00 h contaremos con Alberto Vázquez no Salón de Actos, para falarnos sobre o making off da súa nova película: Decorado.

O multipremiado director de animación Alberto Vázquez compartirá o proceso creativo e o making of da súa terceira película, estreada en cinemas o pasado 24 de outubro. A obra está baseada na súa curtametraxe homónima, gañador de múltiples premios —incluído o Goya— e seleccionado na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes.

Alberto Vázquez é un dos directores de animación máis destacados do noso país e con maior proxección internacional. Autor de películas como Psiconautas, os nenos esquecidos e Unicorn Wars, e de curtametraxes como BirdBoy, Sangue de Unicornio ou Homeless Home, acumula máis de 100 premios internacionais (entre eles 4 Premios Goya, Annecy, Stuttgart, Quirino) e foi seleccionado en festivais de referencia como Cannes, Berlín, Toronto ou Clermont-Ferrand.

A súa traxectoria vai máis aló do cinema: é un recoñecido ilustrador e autor de novela gráfica e cómic, director do videoxogo Xerme e responsable da dirección artística de dous festivais: Imaxinaria (Festival Internacional de Animación) e Hematofesti (Festival de humor, literatura infantil e música).

Non faltes á cita!

GUÍAS DOCENTES 25-26

Xoves, Setembro 4, 2025

 

Xa están dispoñibles as guías docentes do curso 2025-2026 dos graos en Comunicación Audiovisual (CAV) e Creación Dixital, Animación e Videoxogos (CDAV).

O acceso pode realizarse a través da seguinte ligazón:

Consulta de guías docentes

Dado que a listaxe non aparece ordenado por cursos, recomendamos utilizar o buscador do navegador (Ctrl + F) para localizar de forma rápida a materia desexada.

Benvida CDAV 2025-2026

Martes, Setembro 2, 2025

 

O luns 8 de setembro de 2025 ás 09:00 h terá lugar a Xornada de Benvida para o estudantado de primeiro curso do Grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

O acto desenvolverase no Salón de Actos do centro e incluirá información académica e práctica de moita utilizade para o alumnado que ingresa por primeira vez na Universidade, así como unha visita guiada polas instalacións do centro.

Aproveitamos para compartirvos a Guía Básica do Estudante do curso 25-26:
https://comunicacion.udc.es/sites/default/files/guia_estudiantes.pdf

Páxinas