Curriculares

MPXA - Listas definitivas de admitidos e en espera

Martes, Xuño 2, 2026

 

Listas definitivas de estudantes españois e estranxeiros admitidos e de espera do Máster de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA)

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Cantarero, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arrojo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas definitivas de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.

"De acordo á normativa da Universidade da Coruña aprobada en Consello de Goberno o 19/12/2024 relativa ao procedemento de preinscrición nos másteres universitarios para o curso académico 2026/2027, o número total de persoas solicitantes admitidas neste prazo non superará o 50 % das prazas ofertadas (as prazas desta reserva que non se cubran acumularanse para o seguinte prazo). As solicitudes deste prazo que queden en lista de espera incorporaranse automaticamente ao seguinte prazo".

Listas provisionais admitidos e de espera

Venres, Maio 22, 2026

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Canteiro, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arrojo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.

"De acordo á normativa da Universidade dA Coruña aprobada en Consello de Goberno o 19/12/2023 relativa ao procedemento de preinscrición nos másteres universitarios para o curso académico 2026/2027, o número total de persoas solicitantes admitidas neste prazo non superará o 50 % das prazas ofertadas (as prazas desta reserva que non se cubran acumularanse para o seguinte prazo). As solicitudes deste prazo que queden en lista de espera incorporaranse automaticamente ao seguinte prazo".

Bolsas de Educación 26-27

Venres, Marzo 27, 2026

 

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou no BOE do 25 de marzo de 2026 a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026‑2027, entre elas as dirixidas a estudantes que vaian cursar estudos postobrigatorios.

O prazo para presentar a solicitude estará aberto do 7 de abril de 2026, ás 08:00 h, até o 18 de maio de 2026, ás 15:00 h, a través dos seguintes sitios:

https://sede.educacion.gob.es/
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html

Este prazo é único. Para calquera dúbida, podedes contactar coa Sección de Bolsas da UDC (bolsas@udc.gal).

Páxinas