Reserva de equipos

IMPORTANTE: Para la recogida o entrega de material audiovisual, así como para cualquier consulta con el técnico de audiovisuales será obligatoria una CITA PREVIA, .

La cita previa se realizará con correo UDC en el siguiente enlace:
https://outlook.office365.com/owa/calendar/LaboratoriodeAudiovisuales@ud...

O laboratorio de Posproducción dispón de 6 equipos de edición de video e envorcado HD e SD, así como dunha estación de traballo para estereoscopía.

O técnico encargado é Nestor Meizoso | Ext: 4919.

Os préstamos de material audiovisual para actividades académicas resérvanse desde aquí.

PARA UTILIZAR O LABORATORIO DEBES RESPECTAR O SEGUINTE REGULAMENTO:

    1. Os equipos só poderán empregarse para a realización de traballos prácticos vinculados á titulación.

    2. O material só poderá retirarse ou devolverse na presenza do técnico de medios, quen revisará o seu estado.

    3. Para retirar os equipos, será necesario cubrir o formulario correspondente, que deberá estar asinado polo profesor responsable.

    4. O período de préstamo dos equipos será de 48 horas, renovable segundo as necesidades, previa presentación dunha nova solicitude.

    5. A devolución do material fóra de prazo suporá a suspensión do dereito de uso dos equipos e medios do laboratorio durante un mes.

    6. Recoméndase revisar os equipos antes da súa retirada e comunicar calquera incidencia, xa que, tras a revisión posterior á devolución, considerarase responsable de calquera desperfecto ao último solicitante.

    7. No caso de danos nos equipos ou programas por un uso inadecuado, os usuarios implicados deberán asumir o custo da reparación e non poderán acceder ao servizo de préstamo ata que esta se complete.

    8. En caso de roubo, perda ou dano irreparable, os/as usuarios/as implicados/as deberán repoñer un equipo igual ou de características similares e non poderán utilizar o servizo de préstamo mentres non o fagan. Se non asumisen dita responsabilidade, a comisión competente do centro estudará as medidas a adoptar.

    9. Os equipos de posprodución do laboratorio deberán empregarse baixo a supervisión do técnico de medios audiovisuais o excepcionalmente na persoa que o técnico delegue. Calquera incidente cos ordenadores deberá comunicarse ao técnico ou ao profesor responsable.

    10. Está terminantemente prohibido introducir alimentos ou bebidas no laboratorio, nas cabinas de audio, no plató ou no estudo de son.

    11. O persoal responsable poderá cancelar o préstamo en calquera momento se detecta o incumprimento de algunha destas condicións.