Xornada en Santiago

Thursday, November 7, 2019

 

A Deputación da Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes ( AGAPI) celebrará o vindeiro xoves 21 de novembro, a xornada "A produción audiovisual a debate", onde se tratarán temas como a distribución ou o papel das administracións nas axudas á produción.

Estas xornadas, organizadas dentro do programa "A cultura é un dereito", terán lugar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na Praza de Praterías (Santiago de Compostela) en horario de 10.15 a 14.30 horas.

A entrada é gratuíta, confirmando asistencia antes do 19 de novembro de 2019 a este correo electrónico: prensa@agapi.gal.