O mércores, 10 de abril, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación celebrarase a xornada "Tomamos o mando? Mulleres detrás dos videoxogos" financiada polo Instituto de la Mujer.
O programa da xornada será o seguinte:
9:30h. Presentación da xornada
10:00h. Mirella Díez, Deseñadora de Son en Remedy Games
11:00h. Estrela Páramos, coordinadora do equipo de media en Ledisson AIT
12:00h. Pausa
12:30h. Conversatorio entre María Fernández, environment artist en Gato Salvaje Studio e Luz Castro, Imaxin Software e profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación
16:00h. Obradoiro: desenvolvemento e presentación do documento de concepto dunha idea de videoxogo. En colaboración coa asociación MOLab.
A asistencia ao obradoiro é de balde, previa inscripción no e-mail cexef@udc.es
Conxuntamente, na primeira planta da Facultade poderase visitar unha exposición sobre mulleres salientables da industria dos videoxogos.
Attachment | Size |
---|---|
cartelxornadasvideoxogos.pdf | 11.01 MB |