Prácticas de verán

Wednesday, June 17, 2020

 

A oferta de prácticas extracurriculares para este verán, destinada ao alumnado que teña superados xa o 50% dos créditos do seu grao, comprende, de momento, as seguintes opcións:

- Abano Producións:
Perfil: Animación para longametraxe.
Horas: 500
Lugar: A Coruña
Prazas: 1

- ALDA Hotels:
Perfil: Deseño gráfico, fotografía e edición de contidos audiovisuais.
Horas: 750
Lugar: Sada (A Coruña)
Prazas: 1

-Ayudas Energía + Lenovo:
Perfil: Community manager con coñecementos de wordpress e deseño web con Elementor Pro.
Horas: 500
Lugar: A Coruña
Prazas: 1

- Faro Norte:
Perfil: Gabinete de comunicación en axencia.
Horas: 176
Lugar: Ribadeo (Lugo)
Prazas: 1

- Fundación Manuel María de Estudos Galegos:
Perfil: Realización e edición audiovisual.
Horas: 200
Lugar: A distancia / Teletraballo.
Prazas: 1

- Hyliacom:
Perfil: Redacción e produción de videoxogos.
Horas: 150
Lugar: Narón (A Coruña) e a distancia / teletraballo.
Prazas: 1

- Mundiario:
Perfil: Xornalismo dixital.
Horas: 150
Lugar: A distancia / teletraballo.
Prazas: 1

- QUATTRO IDCP:
Perfil: Deseño gráfico off e online.
Horas: 360 (aprox.)
Lugar: A Coruña.
Prazas: 2

- Vizuals Lab:
Perfil: Produción en longametraxe (solicitude de axudas, control de orzamento e xestións varias de apoio aos equipos de gravación).
Horas: 400
Lugar: Arteixo (A Coruña).
Prazas: 1

Se estás interesado, envía antes do 23 de xuño unha copia do teu expediente académico (pódela imprimir desde a Secretaría Virtual da UDC) e do teu currículum vítae en PDF a: practicas.comunicacion@udc.es indicando no asunto o nome da empresa, por exemplo, "Abano Producións".

Para máis información sobre o perfil dos candidatos/as e condicións de cada oferta, podedes consultar a documentación axunta a esta noticia.