Jueves, Marzo 12, 2020
En vista da evolución da situación do COVID-19 (coronavirus) e seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia, os reitores das universidades galegas suspenden todas as actividades docentes presenciais desde mañá, venres, 13 de marzo.
A Universidade da Coruña tomará as medidas adecuadas, en diálogo permanente coa representación dos diferentes sectores da comunidade universitaria, para adaptar a súa actividade docente e o seu funcionamento administrativo ordinario á nova situación.
Rógase a toda a comunidade universitaria a máxima colaboración e o seguimento das recomendacións de saúde pública das autoridades sanitarias.
Julio Abalde
Reitor
información: https://www.udc.es/