Prácticas: festival [S8]

Lunes, Mayo 6, 2019

 

O (S8) Mostra Internacional de Cinema periférico oferta tres estadías de prácticas na súa organización para estudantes de 3º e 4º do Grao en Comunicación Audiovisual da UDC co 50% dos créditos aprobados.

Funcións:

Área de relacións públicas: actividades auxiliares coa recepción de invitados, traballos de protocolo, xestión de entradas,persoal de sala e atención o público.

Área de produción: Colaborar co resto de responsables da Mostra para lograr unha organización de actividades coherente e ben coordinada. Atender a Oficina de produción do Festival como un membro máis do equipo de produción.

Se ben as labores varían, en función do posto, o período estimado das prácticas é do 27 de maio ao 10 de xuño aproximadamente. As prácticas desenvolveranse en Afundación e noutras sedes culturais da Cidade da Coruña. Dada a limitada extensión do período non haberá recoñecemento de créditos.

Para candidatar á oferta cómpre remitir un e-mail a practicas.comunicación@udc.es antes do vindeiro luns, 13 de maio.