MPXA - Listas definitivas de admitidos e en espera

Martes, Xuño 2, 2026

 

Listas definitivas de estudantes españois e estranxeiros admitidos e de espera do Máster de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA)

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Teresa Nozal Cantarero, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arrojo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez, publícase a resolución das listas definitivas de adxudicación de prazas a estudantes españois e estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.

"De acordo á normativa da Universidade da Coruña aprobada en Consello de Goberno o 19/12/2024 relativa ao procedemento de preinscrición nos másteres universitarios para o curso académico 2026/2027, o número total de persoas solicitantes admitidas neste prazo non superará o 50 % das prazas ofertadas (as prazas desta reserva que non se cubran acumularanse para o seguinte prazo). As solicitudes deste prazo que queden en lista de espera incorporaranse automaticamente ao seguinte prazo".