Curriculares

Erasmus+ Prácticas

Martes, Marzo 5, 2024

 

Publicada na web da ORI a convocatoria Erasmus+ Prácticas 2024/25. Accede ao enlace.

Datas e duración das estadías:

Períodos de estancia: do 01/09/2024 ao 30/09/2025.

Duración: estancias de entre 2 e 12 meses.

Límite solicitudes: ata o 15/05/2025

Neste programa de mobilidade o contrato de prácticas ten que estar asinado polas tres partes con anterioridade á solicitude.

Charla online Erasmus

Mércores, Febreiro 28, 2024

 

Charla Erasmus+ Prácticas ONLINE

Coa finalidade de difundir a convocatoria 2024/25 de Erasmus+ Prácticas (SMT), organizan desde a Oficina de Relacións Internacionais unha nova charla a través da plataforma TEAMS. Ao igual que as charlas presenciais da semana pasada, informarán sobre modalidades e requisitos da convocatoria; empresas e institución elixibles; duración e recoñecemento; solicitude; prazos e coantías económicas.

Data: venres, 1 de marzo de 2024
Hora: 12:00 horas
Lugar: Plataforma TEAMS a través do seguinte enlace.

Bienvenida curso 2023/24

Luns, Setembro 4, 2023

 

O luns 11 de setiembre de 2023 realizarase a Xornada de Benvida para os estudantes do primeiro ano.

Lugar: Salón de Actos do centro.

Horario:

    Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos: 11:00hs
    Grao en Comunicación Audiovisual: 16:00hs
AnexoTamaño
PDF icon xornadabenvida2324.pdf68.91 KB

Alumnado mentor

Martes, Xullo 18, 2023

 

Este programa está dirixido a estudantado que no curso 2023/24 vaia cursar 3º ou 4º do Grao de Comunicación Audiovisual ou do Grao de Creación Dixital, animación e Videoxogos, e que teñan dispoñibilidade e ganas de aprender e compartir a súa experiencia na universidade-facultade-grao co alumnado de primeiro.

AnexoTamaño
PDF icon convocatoria_mentor2023_signed.pdf142.13 KB

MPXA: lista definitiva

Venres, Maio 12, 2023

 

Publicación das listas definitivas dos alumnos estranxeiros admitidos para cursar unha das dúas especialidades do MPXA o curso 2023-2024, así como as listas de espera actualizadas.

Estudantes estranxeiros

Martes, Maio 2, 2023

 

Listas provisionais de estudantes estranxeiros admitidos e de espera do Máster de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA)

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), conformada por Luís A. Hernández Ibáñez, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Lanzo Baliña, Ramón Salaverría Aliaga, Tomás García Morán e Germán Martínez Suárez , publícase a resolución das listas provisionais de adxudicación de prazas a estudantes estranxeiros e listas de espera de ambas as especialidades para o próximo curso.

Páxinas