Sobre a Facultade

 

A Facultade de Ciencias da Comunicacion da Universidade da Coruna creouse en 2003 para impartir o segundo ciclo da Licenciatura de Comunicacion Audiovisual, e en 2009 comezou a impartirse o Grao en Comunicacion Audiovisual.

Entre os seus obxectivos esta o de formar profesionais especializados e tecnicamente preparados para a creacion audiovisual en ambitos dixitais, tanto para television como internet e calquera outro soporte multimedia. Por iso, os novos medios e a creacion de contidos 3 D (animacion, videoxogos, efectos especiais, interaccion 3D) son dous dos piares fundamentais na orientacion do programa de estudos.

Dende o cine convencional ao de animacion, a Facultade de Ciencias da Comunicacion forma os seus alumnos para a creacion de tarefas de direccion e producion en medios audiovisuais, guionistas, realizadores, desenadores de producion, de contido interactivo e multimedia, etalonadores, especialistas en efectos especiais, desenvolvedores de videoxogos...

A oferta de posgrao permite tamen a especializacion en producion audiovisual e de edicion xornalistica, en comunicacion radiofonica ou protocolo, entre outros.