Sistema de Prácticas

As prácticas externas en empresas e outras entidades constitúen unha oportunidade única para que os futuros graduados en Comunicación entren en contacto coa realidade profesional.

Na procura de dotar ao estudantado da Facultade dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita a adquisición de novas competencias de cara ao seu futuro profesional, a Universidade da Coruña ten establecido convenios con diversas entidades.

En virtude destes convenios o alumnado de Comunicación Audiovisual pode desenvolver prácticas profesionais con diversos perfís en empresas do sector Audiovisual e das TIC, así como noutro tipo de entidades que oferten estadías titorizadas en liñas de traballo afíns ás saídas profesionais dos futuros graduados.