Reserva de equipos

O laboratorio de Posproducción dispón de 6 equipos de edición de video e envorcado HD e SD, así como dunha estación de traballo para estereoscopía.

O técnico encargado é Nestor Meizoso | Ext: 4919.

Os préstamos de material audiovisual para actividades académicas resérvanse desde aquí.

Para utilizar o laboratorio debes respectar o seguinte regulamento:

    1. Os equipos só poderán usarse para a realización de traballos prácticos da titulación.

    2. O material só poderá retirarse ou devolverse en presenza do técnico de medios, que revisará o seu estado.

    3. Para retirar os equipos hai que cubrir o formulario correspondente, que obrigatoriamente deberá estar asinado polo profesor responsable.

    4. O período de préstamo dos equipos é de 48 horas, renovables segundo necesidades cubrindo unha nova instancia.

    5. A entrega do material fose de prazo supoñerá unha suspensión dun mes na utilización dos equipos e medios do laboratorio.

    6. Recoméndase revisar os equipos antes da súa retirada e comunicar calquera incidencia, xa que despois da revisión posterior á devolución se considerará causante do dano ao último solicitante.

    7. Os danos provocados polo mal uso dos equipos serán sancionados coa suspensión durante seis meses do acceso ao material do laboratorio.

    8. Os equipos de posproducción do laboratorio empregaranse coa supervisión do técnico de medios audiovisuais. Calquera incidente cos ordenadores será comunicado ou ao técnico ou ao profesor responsable.

    9. Está terminantemente prohibido introducir alimentos ou bebido no laboratorio, as cabinas de audio, o estudio e o estudo de son.