Prácticas no Kino Galicia

 

O vindeiro mes de xullo celebraráse na Coruña o festival Kino Galicia, un evento cinematográfico internacional que pretende o intercambio cultural, social e artístico entre estudante e cineastas emerxentes e recoñecidos.

Neste senso o colectivo Kino, encargado da organización do evento, oferta prácticas para que estudantes de 3º e 4º de Comunicación Audiovisual da UDC (cun mínimo de 50% dos créditos da titulación aprobados) poidan participar en diversas tarefas da preprodución-produción-posprodución do evento.
O período de prácticas vai dende o 8 de xaneiro o 1 de agosto de 2018, se ben este período podería ser menor atendendo ao tipo de tarefas encomendadas.

As prácticas son semipresenciais: a distancia nas etapas de preprodución-posprodución e presenciais durante o desenvolvemento do festival.

As persoas interesadas deben enviar antes do 14 de decembro currículo e copia de expediente académico a practicas.comunicacion@udc.es indicando no asunto da mensaxe as súa preferencias.
Para as persoas seleccionadas haberá unha xuntanza de coordinación entre o 19-21 de decembro.

O recoñecemento de prácticas farase segundo normativa vixente.
Máis información en documento anexo.