Prácticas en Quattro

 

Ofrécense prácticas de deseñador gráfico en Quattro IDCP para estudantes de 3º e 4º de Comunicación Audiovisual.

A maior parte das tarefas serán de deseño gráfico e edición de vídeo para medios off e online; e a elaboración gráfica dunha campaña partindo dun concepto creativo.

As tarefas de 3D, maquetación e artefinalismo serán puntuais se as necesidades diarias esíxeno.

As persoas interesadas deberán remitir en formato dixital copia do expediente académico e currículo, a: videla@udc.es indicando a referencia Prácticas Quattro e os dous apelidos do candidato.

O prazo culmina o 7 de xullo de 2017.

AnexoTamaño
PDF icon oferta_quattro.pdf52.26 KB