Plan de Acción Titorial

O título ten en marcha un Plan de Acción Tutorial (PAT) baixo a coordinación da Universidade da Coruña.

O seu obxectivo principal é ofrecer aos/as alumnos/ás unha persoa de referencia no centro que os oriente na súa traxectoria académica e lles facilite as vías de acceso á información que necesiten ao longo dos catro anos do Grao en Comunicación Audiovisual.

No contexto do PAT, os alumnos teñen a principio de curso a posibilidade de asistir a dúas sesións de iniciación á Titulación.

Na primeira o Decano, o Profesor Responsable de Calidade e Converxencia, o Secretario académico, a responsable de Prácticas, a de Mobilidade e a coordinadora do Plan de Acción Titorial infórmanlles de aspectos relativos ao Centro, á Titulación na que inician os estudos e lles ofrecen a posibilidade de sumarse ao Plan de Acción Titorial.

Na segunda, organizada pola Unidade Técnica de Calidade de la Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías, infórmaselles sobre os servizos que a UDC pon á súa disposición.

Ao longo dos catro cursos que duran os estudos, os alumnos poden consultar o seu titor ou titora sobre temas relacionados coa súa orientación profesional, así como sobre as decisións que deben tomar no seu perfil curricular para especializarse e mellorar as posibilidades de emprego unha vez graduados.

No caso de estar interesado en obter información ou de inscribirse neste, débese contactar coa profesora responsable do PAT no centro Carmen Costa Sánchez.