Oferta tecnolóxica

Plató

    A Facultade de Ciencias da Comunicación conta cun completo estudio no que realizar as prácticas de produción televisiva, así como as de raio. O estudio dispón dunha mesa de control dende a que se monitorizan tres cámaras completamente robotizadas, un croma, e unha grella de iluminación.

    Tamén se conta cun estudo de radio no que gravar producións radiofónicas ou efectos especiais de audio, xa que hai dúas salas insonorizadas. O equipamento de grúa e travelling serven tamén para a realización de produtos audiovisuais con movementos de cámara máis complexos.

Sistema de captura de movimiento

    Trátase dun sistema de captura inarámico e en tempo real que conta cun equipo de realidade aumentada monoposto, composto dun casco e o software para a visualización e xestión de mundos virtuais.

    O sistema de posicionamento conta con oito cámaras de infravermellos para detectar o movemento.

Eye_tracking

    A Facultade de Ciencias da Comunicación dispón dun Eye tracking de pantalla Tobii XL-60.

    O eyetracking é unha tecnoloxía de seguimento ocular con aplicacións no campo da usabilidade, a medicina e os estudos de mercado, entre outros. A tecnoloxía permite seguir os movementos oculares dunha persoa mediante un eyetracker, un monitor especial que lanza raios infravermellos aos ollos de quen o usa.

    Estes raios rebotan na súa pupila e volven ao aparato, permitindo así calcular con precisión onde mira. A información que achega o dispositivo preséntase en forma de mapas de calor ou unha guía de puntos de navegación que indican a forma de "lectura" e é útil en estudos de usabilidade, de mercadotecnia e publicitarios, neurociencia e psicoloxía, lectura de medios...

Sistema de filmación 3D

    A Facultade conta con dúas cámaras para filmación estereoscópica, así como monitores 3D e unha mesa de edición para este tipo de contidos.

    As cámaras Panasonic permiten a gravación en Full HD, e a mesa de realización admite o procesado en alta definición, con capacidade de procesado de sinal en 3D para emisión en directo.