II CorversApps

 

O luns 15 ás 16:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Comunicación (UDC) terá lugar a segunda edición de CorversApps, un espazo de reunión e diálogo entre profesionais do sector das apps móbiles e alumn@s.

Neste coloquio participarán Yasmín Diab (da empresa Cleventy), Óscar Fafián (de R Cable) e Juan Porta (de Softwhisper) que, a partir da súa experiencia persoal e profesional, axudarannos a coñecer máis a fondo o mundo das apps en Galicia, o seu presente e as súas perspectivas de futuro. Finalizado o diálogo entre profesionais, abrirase unha quenda de preguntas para que os asistentes poidan opinar ou comentar as súas dúbidas.