Normativa SUG-UDC

Obxectivos e fins do Sistema Universitario de Galicia

1. Reconecense como obxectivos e fins propios do SUG os siguientes:

    a) A creacion, a transmision e a difusion da cultura e dos conecementos e metodos cientificos, tecnicos, humanisticos e artisticos, asi como a formacion e a educacion integral de mulleres e homes para un desenvolvemento profesional acorde co seu formacion.

    b) A garantia da autonomia universitaria, fundamentada no principio de liberdade academica, que se manifesta nas liberdades de catedra, de investigacion e de estudio.

    c) A coordinacion e a cooperacion como elemento relacional basico para a racionalizacion do mapa universitario e para o fortalecemento do conxunto das universidades galegas respectando a identidade de cada unha de ellas.

    d) O fomento do pensamento critico e da cultura da liberdade, a solidariedade, a igualdade e o pluralismo e a transmision dos valores civicos e sociais propios dunha sociedade democratica. Prestarase especial atencion ao fomento da igualdade de trato e
    de oportunidades entre mulleres e homes, asi como a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidad.

    e) O enriquecemento do patrimonio intelectual, cultural, cientifico e tecnico de Galicia, co obxectivo do progreso xeral, social e economico e o seu desenvolvemento sostenible.

    f) A promocion do galego, lingua oficial e propia de Galicia, e a sua coexistencia co castelan, tamen lingua oficial, e, se fose o caso, con outras linguas de interese para a docencia e a investigacion.

    g) O estreitamento de relacions de intercambio e colaboracion con centros de educacion superior e institucions publicas e privadas do ambito nacional e internacional, con especial atencion a Portugal e Iberoamerica.

2. As universidades integrantes do SUG colaboraran cos poderes publicos no logro de fins e obxectivos.

Universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia

    1. O Sistema universitario de Galicia esta integrado pola Universidade da Coruna, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo e, se fose o caso, por aquelas que sexan creadas ou reconecidas por lei do Parlamento de Galicia.

    2. As universidades integrantes do SUG realizan o servizo publico do ensino superior universitario en Galicia mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigacion, a creacion, a difusion e a transferencia de conocimiento.


 
Normativa da UDC