Licenciatura en Comunicación Audiovisual

As ensinanzas conducentes á obtención do título oficial de Licenciado en Comunicación Audiovisual proporcionan unha formación adecuada no campo da elaboración informativa e da creación, produción e realización nos diversos medios de comunicación audiovisual.

Os estudos afondan nos signos e os símbolos da comunicación visual e auditiva, na creación de historias e guións para o cine, a televisión ou a radio e na persuasión que cada mensaxe pode ter sobre o oínte ou o espectador.

Licenciatura en proceso de extinción.