Grupos de investigación

Cultura e Comunicación Interactiva

 

VideaLAB

    O Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía da Universidade da Coruña leva a cabo traballos de investigación e desenvolvemento en técnicas de visualización por computador aplicadas a todos os campos da construción. Dende o detalle construtivo ata a visión global do territorio, pasando por obra civil, o edificio e a ciudad.

    Este equipo multidisciplinar desenvolve proxectos de investigación aplicada á recreación do Patrimonio Histórico e a Arqueoloxía Virtual así como á utilización das tecnoloxías de gráficos por computador na exposición de contidos culturais en museos e exposiciones.

    El abano de tecnoloxías coas que traballa VideaLAB van dende a simulación do territorio aos ámbitos inmersivos de realidade virtual e os mundos virtuais, e da imaxe en Gigapixel á interación humano-computador a través de interfaces naturales.

 

Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos.

    O RNASA xorde no ano 1989 co obxectivo de levar a cabo traballos e proxectos de investigación relacionados coa Intelixencia Artificial, especialmente na Área de Sistemas Conexionistas, aplicando as Redes de Neuronas Artificiais á resolución de problemas complexos do mundo real, e abranguendo, sobre todo, a área da medicina.

    Grazas ao seu marcado carácter interdisciplinar colaborou en proxectos de diferentes áreas científicas como medicina, astronomia, reactores químicos, pesca, entre outras. Participa activamente en diferentes convenios con empresas que precisan sistemas integrais de monitorización dos procesos de produción.

 

Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial.

 

Otros grupos de investigación

    O MADS, acrónimo de Modelos e Aplicacións de Sistemas Distribuídos, es un grupo de investigación dentro do Departamento de Computación da Universidade da A Coruña (UDC).

    Os membros de MADS desenvolven as súas actividades docentes e de investigación sobre Sistemas Distribuídos de Alta Dispoñibilidade, contidos multimedia para o Fogar Dixital e servizos e aplicacións sobre redes IPTV, dende servizos en cabeceira vinculados coa transmisión de vídeo dixital ate sistemas software en terminais de usuario e no fogar.

    O Area de Intelixencia Telemática da Universidade da Coruña investiga en diversas áreas da informática vinculadas a Xestión de Redes, Sistemas Distribuídos, Tecnoloxías da internet e Sistemas de Tempo Real.

    Profesores integrantes do MADS Profesores integrantes de Telemática
    Dr. Javier Taibo Pena Dr. Javier López Mato