Futuros estudantes

 
 
O grao en Comunicación Audiovisual proporciona a formación universitaria dun ámbito de coñecemento científico e académico e dun campo de exercicio profesional consolidado e amplamente estendido.

A adquisición equilibrada do conxunto de saberes e destrezas da titulación garantirá ao graduado en Comunicación Audiovisual unha axeitada preparación para a súa posterior vida laboral.

Un profesional especializado e tecnicamente preparado para a creación audiovisual, o deseño de produción integral e as funcións consultivas, organizativas e directivas en todo tipo de medios e soportes audiovisuais e tecnolóxicos.