Curriculares

Premio TFG

 

Está destinado ao alumnado de Comunicación Audiovisual que presentase o seu TFG nalgunha das tres convocatorias do curso académico 2017-18.

Deben estar gravadas en lingua galega que deberá contar con plena visibilidade e corrección.

A data límite de inscrición e entrega do traballo é o 19 de outubro ás 14:00 horas, na administración da Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía.

O premio é único: 250 euros.

Este premio esta organizado pola Comisión de Normalizacion Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Bases completas no documento adxunto.

TFG TEMÁTICA GALLEGA

E despois de CAV qué?

 

Este venres, ás 16.30 na Aula 4, os ex alumnos da Facultade Alicia Rodríguez, Patricia Vior, Jessica Rey, Barbara Fontela, Rubén Gasalla e Adrián Pérez contarannos a súa traxectoria e experiencia ao remate da Licenciatura/Grao en Comunicación Audiovisual.

Nunha charla organizada pola profesora Carmen Costa, teredes a oportunidade de intercambiar opinións e pedirlles consello a recentes egresados que xa están en contacto co mercado laboral.

Erasmus+ Prácticas

 

Atópase aberta a convocatoria para prácticas en empresas dentro do programa Erasmus+ Prácticas para o curso 2018/19 en dúas modalidades: "Estudantes en prácticas" e "Recentemente titulados en prácticas".

O prazo de presentación finaliza o 5 de maio de 2019.

Por maior información aquí: Programa Erasmus+ Prácticas

MPXA: admitidos

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual ( MPXA), conformada por Luís A. Hernández Ibáñez, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arroxo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e María Belén Vidal Seoane, publícase a resolución da adxudicación de prazas para o próximo curso.

Páxinas