Curriculares

Grupos por curso

 

Atópase dispoñible a división por grupos (A,B,C) para cada curso. A composición destes grupos é permanente para todas as materias obrigatorias do curso.

Do 11 ao 25 de setembro de 2017 pódense presentar no Decanato solicitudes fundamentadas para cambiar de grupo

Os grupos das materias optativas publicaranse antes do comezo do segundo cuadrimestre

AnexoTamaño
PDF icon grupos_de_practicas.pdf27.46 KB

Erasmus prácticas

 

Se queres facer prácticas nalgún país da UE, non deixes escapar a convocatoria Erasmus Prácticas.

Esta oportunidade tamén está aberta para os alumnos que acaban de rematar o grao.

Por maior información: Prácticas en Europa

Comisión Acreditación

 

Dentro do proceso de renovación da acreditación do grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña establécese a posibilidade de que entrevistas individuais e audiencia pública aberta a tódalas persoas interesadas en aportala súa visión sobre o título.

En consecuencia:

- As persoas que desexen audiencia pública para expor os seus puntos de vista e que non haxan participado nas audiencias anteriores poderán facelo no horario establecido para a tal efecto: luns, 20 de marzo, de 16:00 a 16:30hs.

- As persoas que desexen entrevistarse de forma persoal cos membros da Comisión de Acreditación deberán comunícalo no Decanato antes do venres, 17 de marzo do 2017.

SICUE 2017_2018

 

Atópase aberta a convocatoria SICUE para o próximo curso 2017-18.

Aproveita esta oportunidade e estuda o próximo curso noutra universidade española.

Tes máis información en Convocatoria SICUE 2017_2018

Páxinas