Curriculares

MPXA: admitidos

 

Unha vez reunida a Comisión de Selección do Máster Oficial de Produción Xornalística e Audiovisual ( MPXA), conformada por Luís A. Hernández Ibáñez, José Francisco Sánchez Sánchez, María José Arroxo Baliña, Ramón Salaverría, Tomás García Morán e María Belén Vidal Seoane, publícase a resolución da adxudicación de prazas para o próximo curso.

Técnico de medios

 

Vacacións do técnico de medios.

DÍAS LIBRES:

- Desde o luns 16 ao venres 20 de xullo.
- Desde o venres 10 ao venres 17 de agosto.
- Desde o luns 27 de agosto ao venres 7 de setembroul>

Os alumnos de TFG poden recoller o equipo un día antes do peche e devolvelo á súa apertura mediante o procedemento normal.

HCA: Clase magistral

 

Dentro das actividades da materia Historia do Cinema e a Animación, o venres, 20 abril, en en Aula 1, de 10:00 a 13:00hs, desenvolverase unha clase maxistral a cargo do profesor da Universidade Complutense José Luis Sánchez Noriega co seguinte contido:

- Que é unha boa película. Os criterios para unha estética do cinema.
- A mala prensa do cinema español.
- ​Presentación do libro ​"Traxectorias, ciclos e miradas do cinema español 1982-1998"​ ( Laertes, 2017)​

Guión: series de ficción

 

O vindeiro luns 19 de febreiro ás 11 hs na aula 2, Alberto Guntín impartirá unha sesión sobre guión de series de ficción.

Guntín é Xefe de desenvolvemento de Voz Audiovisual. Traballou como guionista, escaletista e argumentista en series de ficción nacionais como Compañeiros; en galegas como Mareas Vivas, Pai Casares, Matalobos ou as actualmente en emisión Serramoura e Viradeira; ademais de coproducións como O final do camiño, entre outros traballos.

Así mesmo, desenvolveu varios formatos para televisión entre os que se encuentan De bares, Galego con curso ou Quero ser marmelo para V Televisión; e foi responsable do guión da miniserie Mar Libre de Ficción Producións.

Con anterioridade, foi guionista de autopromociones na Televisión de Galicia

SICUE 2018/19

 

Se queres estudar o próximo ano noutra universidade española participa nesta convocatoria.

O prazo termina o 13 de marzo de 2018.

Por maior información aquí: Mobilidade SICUE

Axudas para mobilidade

 

Atópase aberta a convocatoria de axudas para a Mobilidade da Xunta de Galicia para aqueles estudantes que queiran mellorar o coñecemento de linguas.

Por maior información: Anuncio DOG

Páxinas