Biblioteca

 
A Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación é unha biblioteca intercentros que presta servizo a dúas facultades: Facultade de Socioloxía e Facultade de Ciencias da Comunicación, así como aos másters adscritos a ambas as dúas titulacións.

A colección actual ten a súa orixe na colección da Biblioteca de Socioloxía que comezara a funcionar no curso académico 1991/1992 e a posterior integración no ano 2006 da colección da Biblioteca de Ciencias da Comunicación.

Para comunicarte coa biblioteca podes facelo a través de:

    Correo electrónico: soc.bib@udc.es
    Teléfonos: 981 16 70 00 | Mostrador: ext 4815 | Despacho: ext. 4814.
    Facebook: